jueves, 24 de mayo de 2012

miércoles, 23 de mayo de 2012

VISITA DOBLE...

HOXE JUAN E ROBERTO (O PAI E TÍO DE CARLA) VIÑERON A NOSA CLASE A FALARNOS DE DOUS DEPORTES...O ATLETISMO E O HORSEBALL. APRENDIMOS UN MONTÓN DE COUSAS E DEIXARONOS UNHA SORPRESIÑA...UNHA MEDALLA...QUE AGORA TEN CLARA, A NOSA PINGÜINA.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow customized with Smilebox

lunes, 21 de mayo de 2012

O mércores 16 de maio o alumnado de 4 e 5 anos fomos o Teatro Caixanova a ver "PINGÜIN". Foi un espectáculo moi bonito e o pasamos moi ben.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own picture slideshow

OS PINGÜÍNS FAN SURF...

HOXE A NAI DE GAEL C. FÍXONOS UNHA VISITA PARA FALARNOS DUN DEPORTE MOI INTERESANTE...O SURF.GRAZAS A ELA SABEMOS UN MONTÓN DE COUSIÑAS NOVAS SOBRE ESTE DEPORTE. MOITÍSIMAS GRAZAS, ANA. 

FACEMOS SURF on PhotoPeach

viernes, 18 de mayo de 2012

ABELLA OU ABELLÓN? on PhotoPeach

A NOSA HORTA

Esta semana estivemos a plantar na horta da nosa escola. Plantamos leitugas e xudías, recordamos o que aprendimos o curso pasado e o pasamos moi ben coa axuda de Elisa, Moitas grazas.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow generated with Smilebox

miércoles, 16 de mayo de 2012

FACEMOS DEPORTE...SOMOS ATLETAS!!!

HOXE POLA MAÑÁN OS PINGÜÍNS APROVEITAMOS O BO TEMPO PARA FACER UN POUQUIÑO DE DEPORTE. PUXEMOS UNHAS CAMISETAS MOI CHULAS FEITAS CON BOLSAS E SAIMOS O PATIO A BOTAR UNHAS CARREIRIÑAS...MIRADE QUE BEN O PASAMOS!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own free slideshow

PINGÜIN

O MÉRCORES 16 DE MAIO OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS FOMOS A CAIXANOVA A VER A OBRA DE TEATRO: “PINGÜIN”. GUSTOUNOS UN MONTÓN!!!

Co grupo de teatro Periferia viaxamos ao Polo Sur para coñecer a Bobo e a súa familia. No Polo Sur, un dos poucos lugares do planeta que se conserva no seu estado máis natural, encontrámonos os pingüíns. A familia pingüín, protagonista desta historia, vive nunha envexable harmonía: papá pingüín pesca polas mañás e polas tardes coida da casa; mamá pingüín polas mañás coida da casa e polas tardes pesca; e o pequeno Bobo fai o que máis lle gusta: come e xoga todo o día. Pero algo está cambiando ... Bobo está a punto de vivir unha sorprendente aventura. Hoxe os seus papás dixéronlle que vai ter un irmán!

AQUÍ TEDES UN ANAQUIÑO DA OBRA PARA QUE TAMÉN A PODADES DESFRUTAR!!!

lunes, 14 de mayo de 2012

OS MAIORES DE VILA LAURA VISITAN O FLEMING. Os de 5 anos tivemos o noso primeiro contacto en grupo co cole dos maiores. Encantounos a sua invitación e as obras que fixeron para agasallarnos.¡¡¡ CASE QUEDAMOS ALÍ...!!! Grazas.

As "abelliñas van a clase dos "pingüíns"

O mércores pasado a profe Nuria e as súas "abelliñas" viñeron a nosa clase a visitarnos.Grazas a eles sabemos un montón de cousiñas sobre as abellas.Agora estamos profundizando no tema cun libriño que levaremos para casa en breve.Grazas, "abelliñas" pola vosa colaboración.
Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
Customize an ecard

jueves, 10 de mayo de 2012

CONTACONTOS KALANDRAKA

O xoves 10 de maio o alumnado de 5 anos desfrutamos dunha sesión de contacontos da editorial Kalandraka na biblioteca da nosa escola: Garanvaciño e Artur.
O pasamos moi ben.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow personalized with Smilebox

miércoles, 2 de mayo de 2012

SOMOS ARTISTAS

Este ano estamos cos bits de intelixencia. Unha das categorías que traballamos foron as obras de arte. A que máis nos gustou foi a obra de Botero que amosa un toureiro. Así as representamos. Que bonitas nos quedaron!!!


martes, 1 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Como sabedes, este ano as Letras Galegas están adicadas a Valentín Paz Andrade. Aquí déixovos un enlace dun libro lim publicado polo Seminario Galán para que coñezades a este escritor e podades facer algunhas actividades sobre o mesmo.

 http://seminariogalan.org/inicio/ver/186