A visita estructurouse en dúas partes:
- O interior do edificio onde visitamos as dependecias onde organizan a súa vida, xa que fan quendas de 24 horas. Teñen ximnasio, habitacións, cociña, sala de TV, onde vimos dous documentais coas nocións básicas sobre como actuar en caso de incendio. Recordade 112: 1 boca, unha nariz e 2 ollos. E debemos saber a dirección da nosa vivenda. Tamén visitamos a dependencia onde organizan, planifican e coordinan todo o traballo en caso de emerxencia.
- No exterior ensináronnos as ferramentas fundamentais de traballo: bombas de auga, mangueiras, tixeiras e tenazas xigantes e pesadísimas, bombonas de oxíxeno,... e por suposto a súa vestimenta ( botas, casco, guantes, mascarilla,...)e os distintos tipos de camións.
- E por si fora pouco fixeron algunhas demostracións no ximnasio, baixando a cucaña, subindo a corda,... UN GRAN APLAUSO PARA TODOS ELES.
O pasamos moi ben apagando lume coas mangueiras e paseando no camión de bombeiros.
Moitas grazas aos bombeiros pola súa dedicación e polo seu tempo.
![]() |
![]() |
This photo album generated with Smilebox |
No hay comentarios:
Publicar un comentario