sábado, 28 de febrero de 2015

O DÍA A DÍA DUNHA ABELLA

ESTA SEMANA ESTIVEMOS IMITANDO A VIDA NUNHA COLMEA. VIMOS COMO TRABALLABAN AS OBREIRAS: COMO LIMPIAN, LLE DAN DE COMER AS LARVAS, TAPONAN AS CELDAS, AS REPOÑEN E RECONSTRUEN, VIXIAN, SAEN A BUSCAR O NÉCTAR E O POLEN E COMO SE COMUNICAN. TAMÉN REPRESENTAMOS A FUNCIÓN DA RAIÑA, COMO BAILA CUNS POUCOS ZÁNGANOS E COMO PON OS OVOS. QUE VIDA MÁIS DURA AS DAS ABELLAS!!!!

viernes, 27 de febrero de 2015

Contacontos con Paco Nogueiras



Todos os nenos e nenas de cinco anos escoitaron os contos de  Paco Nogueiras acompañados de música e quedamos todos abraiados coa súa interpretación. SI,SI,SI, ESTÁ ESTUPENDO.


MOITAS GRAZAS POR VIR O NOSO COLE. BICOS DE GRATITUDE.

jueves, 26 de febrero de 2015

OS PINGÜINS ESTAMOS A PIQUES DE REMATAR O NOSO PROXECTO E COMO COLOFÓN XOGAREMOS CUN PAR DE ACTIVIDADES LIM QUE RECOLLEN VARIOS CONTIDOS QUE ESTIVEMOS TRABALLANDO. AQUÍ VOS DEIXO OS ENLACES POR SE QUEREDES XOGAR NA CASA, UN DELES É UN ENLACE AO REPOSITORIO DE ACTIVIDADES LIM ABALAR E O OUTRO É UNHA ACTIVIDADE LIM CREADA POR MIN.
 ESPERO QUE VOS GUSTEN. 

sábado, 21 de febrero de 2015

AS ABELLIÑAS NO ENTROIDO

ESTA SEMANA PASADA FOI COMPLETIÑA....TRABALLAMOS PERO DISFRUTAMOS UN MONTÓN. FIXEMOS PARTE DO DISFRAZ NA AULA FACÉNDOLLE AS MANCHAS E FIXEMOS OS PINCEIS DE PINTORES. NESTA MONTAXE TAMÉN PODEDES VER COMO SEGUIMOS AS ORDES DO MECO, O GUAPOS QUE ESTABAMOS E COMO NON, O GRAN DÍA!!!! QUE RICA ESTABA TODA A COMIDA, QUE BEN O PASAMOS!!!

viernes, 20 de febrero de 2015

OS PINGUS "PINTORES"

Despois de varios días seguindo as ordes do Meco os "pingus" estabamos desexando que chegase o GRAN DÍA de ENTROIDO.
Aquí vos deixo fotiños do noso grupo para que vexades o guapísimos que estabamos.
Moitas grazas as familias por esas orellas, filloas, chulas e demais que trouxestes para compartir.
  PINGÜINS PINTORES on PhotoPeach

sábado, 14 de febrero de 2015

A SEMANA DO ENTROIDO (9-13 Febreiro).

No noso cole levamos a cabo o Proxecto Anual da ARTE e nos disfrazamos de pintores e de personaxes que aparecen nos cadros de Lugris, Picasso, Miró, Arcimboldo, Dali,...

 Este ano coincide o entroido có día dos namorados e levamos nas meixelas corazóns. Tamén bigote como o pintor Dali .Viñemos o cole en pixama e tomamos chocolate que nos fixeron as familias . Ademáis comimos filloas, orellas,...

 Grazas de corazón a todas as familias que mandaron todos os productos típicos destas festas de entroido e que fixeron a chocolatada. Estaba todo boísimooo...

 Bicos de gratitude  acompañada de filloas con chocolate.

viernes, 13 de febrero de 2015

O ENTROIDO NO XIMNASIO

No ximnasio facemos moitos xogos relacionados cò entroido, entre outros : pobre gatito, somos piratas, corazoncito por detrás tris-tras, somos músicos, ...Este ano coincide o entroido có día dos enamorados e facemos un pouco de todo. Bicos de corazón e de entroido.


domingo, 8 de febrero de 2015

COÑECEMOS COUSIÑAS DAS ABELLIÑAS

ESTE SEGUNDO TRIMESTRE EMPEZAMOS O PROXECTO DAS ABELLAS, ESTAMOS A APRENDER UN MONTÓN DE COUSIÑAS DELAS A TRAVÉS DO QUE NOS CONTAN OS NENOS E NENAS DA AULA, NESTA MONTAXE PODEDES VER COMO SE EXPLICAN. GRAZAS PAPÁ DE LUCAS QUE NOS VIÑECHES A EXPLICAR E ENSINAR MOITAS COUSAS. ENCANTOULLES A EXPOSICIÓN, SOBRE TODO OS MAIS ATREVIDOS QUE PUXERON O TRAXE DE APICULTOR!!! AÍNDA NOS QUEDA PROBAR A MEL!! AGRADECER A TODAS AS FAMILIAS O VOSO INTERESE, E GRAZAS, SEN VÓS NON SERÍA POSIBLE.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design generated with Smilebox

AS ABELLIÑAS CELEBRAN O DÍA DA PAZ

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow customized with Smilebox

lunes, 2 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ (30 de Xaneiro).

Có motivo do atentado en Francia decidimos decorar o noso cole con moitos lapis da paz en memoria da xente que perdeu a súa vida por expresarse  còs lápices. Todo ser humano ten dereito a expresarse libremente a través da escritura, da pintura, do dibuxo, da música, do baile,...
A música é do disco-libro de Paco Nogueiras: Brinca vai! que nos fala da importancia dos amigos que ainda que somos diferentes temos que respetarnos e querernos. Bicos de paz.